Hemeroteca

Asset Publisher

Back A xustiza volve darlle a razón ao Concello por impedir a construción dunha gasolineira en Basti

Oleiros, 20 de novembro de 2015-. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volveu confirmar que non se pode construír unha gasolineira na avenida Ernesto Che Guevara, á altura das rúa dos Niños. O Concello de Oleiros denegoulle a licenza de construción e actividade a unha empresa xa que o Plan xeral de ordenación municipal clasifica esa parcela como solo rústico de protección de infraestruturas. Agora a xustiza confirma, por terceira vez, que esa actuación do Concello é correcta.

“Pensaban que nos podían dobregar pero non o conseguiron nin o conseguirán. En Oleiros hai un PXOM que deixa ben claro o que se pode e non se pode facer en cada lugar, e concretamente esa parcela está destinada a aparcamentos para a praia de Bastiagueiro”, explicou o alcalde Ángel García Seoane.

A instalación dunha gasolineira nese lugar da avenida Ernesto Che Guevara suporía a contaminación da praia de Bastiagueiro. Igual que acontece na estación que se atopa no centro de Santa Cruz e tamén contamina o río e mesmo chegou a provocar un estoupido hai anos.
 

back link