Hemeroteca

Asset Publisher

Back A xustiza dalle a razón ao Concello no caso da explotación ilegal de paddel surf da praia de Me

Oleiros, 29 de setembro de 2016-. O xulgado do Contencioso-Administrativo ditou o pasado 21 de setembro unha sentenza na que ratifica a multa de 3.500 euros imposta a Mera Sup Escola, por realizar a actividade de paddle surf na praia de Mera sen licenza municipal. O aluguer de táboas e o monitorado estaba a facerse con ánimo de lucro e en clara competencia coa empresa beneficiaria da concesión municipal, á que se presentara previamente o representante deste suposto club que realmente desenvolve unha actividade mercantil.

A sentenza considera relevante o feito de que Mera Sup Escola participase nunha licitación, e que logo de perdela, empregara unha licenza de paso ao mar de Portos de Galicia para utilizar o espazo de dominio público marítimo terrestre. Para o uso dese espazo e para a realización da actividade de paddle surf na praia é precisa unha licenza municipal que esta empresa, disfrazada de club deportivo, non ten.

A resolución xudicial non admite recurso e impón as costas do proceso ao infractor. Deste xeito, dáselle a razón ao Goberno local na aplicación da sanción así como nos requirimentos para o cese desta actividade. Queda clara tamén a intencionalidade de Mera Sup Escola de, unha vez perdida a licitación á que se presentara, artellar un sistema irregular amparándose nunha licenza de saída ao mar de Portos de Galicia que non o faculta para realizar unha actividade de paddel surf na praia de Mera e na que ademais existe ánimo de lucro.

O Concello de Oleiros ten as competencias en materia de seguridade nos espazos públicos, o que permite que o Goberno municipal poida determinar un reparto axeitado dos distintos lugares. O uso xeral por parte dos cidadáns está por riba dos que pretenden explotar un espazo que é de todos en beneficio propio, realizando diferentes artificios para camuflar os seus ingresos.

 

back link