Oleiros, 4 de marzo de 2015-. A sala do contencioso administrativo Número 4 acordou desestimar o recurso presentado pola empresa Promoesga S.L. contra o Concello de Oleiros por denegarlle a licenza para a apertura dunha gasolinera nunha parcela da súa propiedade situada entre a urbanización Bastiagueiro e a avenida Che Guevara.
A dita solicitude de licenza foi denegada por tratarse dun solo de protección do contorno do areal de Bastiagueiro e destinado a aparcadoiro público. O argumento esgrimido pola empresa foi que a parcela estaba destinada a servizo público diario. O Concello de Oleiros mostra a súa satisfacción por este fallo xudicial que contribúe a non contaminar o contorno desta praia.