Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Xunta tan só concede 3 cursos de formación dos 7 solicitados por Oleiros

Oleiros, 18 de xullo de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane informou esta mañá que a Consellería de Traballo e  Benestar da Xunta de Galicia concedeu tres cursos de formación dos sete que solicitara o Concello de Oleiros para impartir nas instalacións do centro municipal de formación Isaac Díaz Pardo e do Pazo A Carballeira.


Os cursos demandados por Oleiros centráronse nas especialidades con máis demanda no mercado laboral dentro das ofertadas. Estas foron cociña, montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas, escaiolista, financiamento de empresas, instalación de mobles, cursos auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. De todas estas especialidades só foron concedidos os cursos de formación en montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas, instalación de mobles e o curso de auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Estes cursos comezarán entre o 8 e o 17 de agosto, aquelas persoas interesadas en participar poden obter máis información a través do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo.
 

back link