Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Xunta tamén lle nega a Oleiros e ao alumnado do IES Miraflores e Cristo Rey un servizo de transporte público digno

Imagen A Xunta tamén lle nega a Oleiros e ao alumnado do IES Miraflores e Cristo Rey un servizo de transporte público digno

Numerosas persoas están a dirixirse ao Concello nos últimos días para manifestar o seu malestar polo pésimo funcionamento do servizo de transporte público que dá servizo á capital do municipio e ao alumnado de bacharelato do IES Miraflores e do colexio Cristo Rei. Incomprensiblemente, as liñas B3 e B6 non contemplan os horarios de entrada e saída das aulas o que provoca que os autobuses circulen ateigados, que teñan que quedar persoas sen poder montar, que o alumnado non poida chegar ao instituto antes do horario de inicio das clases...

Esta situación demostra, unha vez máis, a deficiente organización do servizo de transporte público na comarca da Coruña, competencia exclusiva da Xunta de Galicia nos municipios de menos de 50.000 habitantes. O Goberno municipal demandou en reiteradas ocasións durante os últimos anos á Xunta de Galicia que incrementen as frecuencias, especialmente en horas puntas, nas liñas que dá servizo a Montrove e Oleiros. A proposta, igual que todas cantas formulou o Concello, foi rexeitada de forma sistemática polo Goberno autonómico.