Oleiros, 2 de xuño de 2016-. A Xunta de Galicia segue a incumprir os seus compromisos sobre o Colexio de Nós, asinados na acta de entrega do edificio ao Concello de Oleiros. A Consellería de Educación aínda non deu de alta a conexión eléctrica do edificio e a liña de teléfono. Se a situación non se modifica de xeito inmediato, o Concello de Oleiros tomará medidas importantes para poñer remedio a esta situación.
O Goberno local, tal e como anunciou hoxe o alcalde, non vai permitir que o colexio non esté dotado dun acceso a internet que permita que o alumnado poida empregar os ordenadores cos que está equipado o centro. “O que quero é que o colexio teña os servizos que lle corresponden. Ademais, a luz de obra é moito máis cara, e aínda que mentres non den a conexión de alta as facturas as paga a Xunta, non se pode permitir que se pague máis do que hai que pagar”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.