Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Xunta premia ás bibliotecas de Oleiros polas actividades inclusivas para nenas e nenos

 Oleiros, 23 de outubro de 2019-. O proxecto das Bibliotecas Municipais de Oleiros, desenvolvido xunto coa asociación Participa para la Inclusión Social, dirixido a nenas e nenos con diversidade funcional recibiu o segundo premio no certame de innovación bibliotecaria da Xunta de Galicia. A Cidade da Cultura acolleu o acto de entrega dos galardóns.

 
O primeiro premio foi para a Biblioteca Municipal Neira Vilas de Vigo, o segundo para a Biblioteca Rialeda do Concello de Oleiros e o terceiro para a Fórum da Coruña.
back link