Son moitos os veciños e veciñas que amosan continuamente a súa indignación ao ver que por un lado se rexeita a proposta do Concello mentres o bus, ao chegar ao Seixal, permanece parado durante varios minutos agardando para arrancar de novo; tempo máis que suficiente para facer o percorrido reclamado polo Goberno municipal.
Dáse a circunstancia que a liña Entrexardíns-O Seixal é a máis rendible economicamente de todas as do transporte metropolitano de Galicia. Que nin así a Xunta impoña a necesidade de prestar o servizo público que demanda a cidadanía deixa ás claras a relación existente entre empresa concesionaria e Xunta de Galicia. Os feitos demostran que o lucro económico empresarial está a mandar sobre os intereses veciñais.