Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Xunta establece que os edificios de máis de 50 anos terán que contar cun informe de avaliació

 Oleiros, 11 de outubro de 2021-. A Xunta de Galicia aprobou un decreto segundo o que todos os edificios de vivendas colectivas de máis de 50 anos de antigüidade quedan obrigados a pasar unha inspección para acreditar o estado de conservación do inmoble, a accesibilidade universal e a súa eficiencia enerxética. Os propietarios únicos de edificios ou as comunidades de veciños deberán presentar no Concello o correspondente informe, que deberá estar elaborado por un técnico competente. 

 
O denominado informe de avaliación dos edificios, IAE, será necesario para realizar calquera venda ou aluguer das vivendas que se atopen en edificios de máis de 50 anos. O decreto da Xunta establece que a persoa que compre a vivenda ou a persoa arrendataria deberá recibir unha copia do IAE por parte do propietario.
 
No momento no que o edificio cumpra 50 anos, a normativa autonómica outorga un prazo dun ano para presentar o correspondente informe ante o Concello para tramitar a súa inscrición no Rexistro Galego.
 
back link