Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Xunta de Galicia terá que asumir todos os custos do desmantelamento da pasarela do INEF

Oleiros, 4 de novembro de 2015-. A pasarela do INEF atópase sobre unha estrada autonómica e nunhas instalacións que tamén dependen da Xunta de Galicia, polo que é esa administración a que debe asumir todos os custos da retirada desa plataforma. Desde o Goberno municipal denunciouse en repetidas ocasións o abandono do paso elevado, e tal foi así que levaba meses pechado aos peóns polo seu mal estado e a súa perigosidade.

O alcalde, Ángel García Seoane, referiuse esta mañá a esta pasarela e lembrou que cando se construíu “a Caixa de Aforros fixo a obra coa condición de que a Xunta de Galicia se encargara do seu mantemento. Por aquel entón, a obra social da Caixa sempre funcionaba do mesmo xeito: a entidade financeira prestaba un determinada servizo e despois era a administración ou organismo que resultaba beneficiado o que asumía a conservación. Ademais, no momento de realizar a instalación Xunta e Caixa deixaron totalmente á marxe ao Concello de Oleiros”.
 

back link