Oleiros, 24 de xullo de 2018-. Malia o acordo logrado polo Concello de Oleiros para que a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña e a Compañía de Tranvías aceptasen que a liña de bus urbano 1-A prolongase o seu percorrido ata Santa Cristina, a Xunta de Galicia está a retrasar incomprensiblemente o inicio deste importante servizo público de transporte. O Concello de Oleiros seguirá presionando para que o autobús poida cruzar a ponte da Pasaxe canto antes.
“É inadmisible o que está a acontecer. Supostamente estamos todos de acordo, pero está claro que existe un boicot por parte da Xunta de Galicia porque desde o día 15 de xuño xa podía estar en marcha este servizo”, comentou o alcalde.