Esta vía, de titularidade autonómica, é un dos accesos principais á vía Ártabra e atópase totalmente abandonada por parte da Xunta, presentando un forte deterioro do pavimento. Esta estrada non só carece de beirarrúas e carril bici, senón que tampouco dispón de arcéns, co risco que supón tanto para peóns como para condutores.
O Concello volverá dirixirse á Consellería de Infraestruturas para que se proceda de inmediato ao asfaltado desta estrada situada en Dorneda.