Oleiros, 15 de xaneiro de 2013-. O Concello de Oleiros informa de que comezou a obra de reconstrución do muro perimetral do CEIP Luís Seoane en Canide. Tras unha serie de conversacións co xefe territorial, nas que se lle reclamou a mellora de distintos centros educativos de educación primaria e secundaria no concello, o mandatario da Xunta accedeu a levar a cabo a reparación do muro de Canide, pospoñendo ata o final do curso escolar a reparación da cuberta do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz. Durante estas conversacións o Goberno autonómico accedeu a mellorar a instalación eléctrica do CEIP Valle Inclán, en Perillo.