Oleiros, 18 de maio de 2020-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas notificoulle ao Concello de Oleiros a aprobación definitiva de dous cambios no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Este informe favorable da Xunta de Galicia era o último paso na tramitación destas modificacións.
No caso do POL-31, no centro de Oleiros, modifícase o réxime de usos permitidos engadindo a posibilidade do uso vivenda plurifamiliar na planta baixa. En Montrove, en Monte do Sino, os terreos comprendidos no sector de solo urbanizable delimitado SUD-17 pasan a ser solo urbano consolidado pois estes terreos reúnen, e xa reunían no momento de aprobación do PXOM, as condicións legais para seren clasificados como solo urbano consolidado.