Oleiros, 14 de marzo de 2014-. A Xunta de Galicia atendeu a reiterada demanda do Goberno local de Oleiros para mellorar a seguridade dos peóns na avenida Che Guevara, tramo da estrada AC-173 e polo tanto de titularidade autonómica. O Concello leva denunciando desde 2012 a necesidade de incrementar as medidas de seguridade xa que só esta vía concentra o 10% de todos os accidentes que se producen no municipio.
Ao longo desta mañá operarios da Concellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia procederon ao pintado de varios pasos de peóns no tramo comprendido entre Bastigueiro e Meixonfrío. Así mesmo instalaron sinais luminosos no paso de peóns que se atopa fronte ao IES María Casares, onde hai varias semanas se rexistrou un atropelo, o terceiro nos últimos meses.
O Goberno local de Oleiros mellora nas estradas autonómicas ao seu paso polo municipio. Deste modo, o Goberno local incidiu esta mesma semana na necesidade de repintar os pasos de peóns das AC-173, AC-174 e AC-163. Así como a mellora da rotonda de Santa Cristina, o punto negro do municipio que rexistra maior concentración de colisións.