Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Volta Solidaria a España polas enfermidades raras chega a Oleiros o venres 27

Oleiros, 20 de maio de 2016-. Dous deportistas con discapacidade visual, Marcos Bajo e Minerva González, afrontan o reto de percorrer España a pé e en bicicleta durante 59 días co obxectivo de concienciar a poboación sobre as enfermidades raras e minoritarias. A Volta Solidaria pasará por máis de 350 localidades de todo o país e chegará a Oleiros o próximo venres 27 de maio, sobre as 11:00 horas, facendo unha pequena parada en Santa Cruz, na praza Esther Pita.

Unha autocaravana proporcionará información sobre todas as enfermidades raras e servirá de punto de recepción aos dous deportistas, que serán recibidos por unha representación municipal que lles fará entrega dun diploma acreditativo do seu paso pola localidade.

As persoas afectadas por enfermidades raras sofren en moitos casos, ademais do problema de saúde grave que lles ocasiona, unha falta de diagnóstico axeitado durante anos, unha ausencia de atención axeitada e uns gastos a maiores por tratamentos non cubertos polo sistema sanitario público. Co fin de sensibilizar a poboación estes dous deportistas, Marcos Bajo, con discapacidade visual, e Minerva Carbajo, deportista amateur con cegueira total, acaban de atravesar o ecuador do seu reto: 42 km correndo e 21 km pedaleando diarios durante case dous meses, en total preto de 3.500 km de superación, solidariedade e deporte.

Toda a poboación de Oleiros está invitada para acudir ese día a Santa Cruz e recibir aos dous deportistas e darlles unha calorosa benvida a Oleiros.
 

back link