Oleiros, 5 de xullo de 2017-. O Concello de Oleiros vendeu 9 das 21 parcelas municipais que sacou á venda ingresando un total de 991.966,60. As 12 parcelas restantes pode adquirirse por venda directa. Todas aquelas persoas interesadas nalgunha delas deben dirixirse á secretaría do Concello, onde recibirán toda a información que precisen. Na web municipal, www.oleiros.org, tamén poden consultarse todos os detalles sobre os terreos.
Todas as parcelas atópanse en lugares privilexiados do municipio e contan con todos os servizos. A venda deste solo supón unha importante inxección económica para as arcas municipais e son o resultado da política urbanística desenvolvida ao longo dos anos polo Goberno municipal que, por lei, obriga aos propietarios das novas urbanizacións a entregar o 10% do construíble terreo ao Concello.