Hemeroteca

Asset Publisher

Back A soprano Marta Arce, acompañada pola pianista Marta Teijido, ofrecerán un concerto o venres

Oleiros, 05 de xullo de 2016-. O Concello de Oleiros organiza este venres un concerto da pianista Marta Teijido e da soprano Marta Arce. O espectáculo artístico terá lugar no auditorio do centro cultural A Fábrica este venres a partir das 21:00 horas. O concerto incluirá obras de Albéniz, Obradors, Turina, García León e Granados.

Marta Arce compaxina a interpretación co seu traballo de docente como profesora de canto no Conservatorio de León. Pola súa banda, a coruñesa Marta Teijido ten raíces en Perillo, na rúa do Pombal, de onde era o seu bisavó, o pintor Manuel Abelenda.Teijido realiza numerosos recitais de piano, colabora asiduamente con diferentes orquestras e é mestra no Conservatorio Superior de Oviedo.

A entrada ten un custo de 2,50 euros. As entradas poderán mercarse desde as 20:00 horas.
 

back link