Hemeroteca

Asset Publisher

Back A sala do contencioso número 4 estima un recurso contra a entrada en funcionamento do cemiterio

Oleiros, 7 de novembro de 2013-. A sala do contencioso número 4 da Audiencia Provincial da Coruña emitiu un «fallo» en relación ao cemiterio municipal de Dorneda. Esta sala estimou un recurso interposto pola propietaria dunha vivenda lindeira, que en compañía do antigo párroco de Dorneda, e xunto co PP e o PSOE de Oleiros, comezou unha loita para impedir o funcionamento deste cemiterio amparado pola normativa do PXOM e as leis que rexen a construción destes equipamentos.

Unha vez máis, e é a terceira, quérese incidir en que a autorización sanitaria concedida pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ao Concello de Oleiros é contraria a dereito por estimar a xuíza que se continúa incumprindo determinados requisitos, como é o saneamento e a recollida de vertidos ao subsolo dos nichos construídos.

A pesar de que a resolución é contra a Xunta de Galicia, e dado que esta decisión errónea e inxustificada afecta directamente ao Concello de Oleiros como propietario deste cemiterio, como codemandado, o Concello presentará un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia esperando que este resolva xustamente e recoñeza que ningún dos argumentos que apoian a resolución da xuíza da sala número 4 non respectan as probas achegadas tanto pola Xunta de Galicia, como polo Concello e que estas amparan a legalidade da posta en funcionamento deste cemiterio.

O Goberno local lamenta as inquietudes e sufrimento que esta resolución causa a máis de 100 familias que xa depositaron os corpos dos seus seres queridos neste camposanto.
 

back link