Oleiros, 5 de xuño de 2013-. A Romaría das Merendiñas, que este sábado celebra a súa vixésima edición, levarase a cabo finalmente no pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz por mor da ameaza de chuvia. Esta festa xa forma parte da tradición do Concello de Oleiros e quere ofrecer unha xornada lúdica ás persoas maiores do Concello de Oleiros. Trátase dun día ao ano no que todos os maiores de Oleiros reencóntranse nun marco festivo e de amizade.
Para participar é imprescindible presentar na porta de entrada a invitación que todos os maiores de 60 anos empadroados en Oleiros recibiron nos seus domicilios a través do correo postal nestes días. A romaría comeza ás 13.00 horas, hora a partir da cal a xente poderá acceder aos xardíns das Torres de Santa Cruz, lugar onde se celebra a festa. As persoas participantes poderán gozar, ademais da comida, das actuacións da Banda da Escola Municipal de Música e da orquestra Os Senadores. O programa é o seguinte:
12.45 horas Apertura das portas de acceso
13.00 horas Actuación da Banda da Escola Municipal de Música
14.30 horas Comida
16.30 horas Actuación da Orquestra Os Senadores
20.00 horas Fin da festa
Na organización desta actividade participan de forma voluntaria máis de 100 homes e mulleres de todas as idades de todo o tecido asociativo do Concello de Oleiros que colaboran activamente e fan posible a Romaría das Merendiñas. Así mesmo, o Concello co obxectivo de facilitar o acceso de todas as persoas participantes haberá tres autobuses que percorrerán todas as localidades de Oleiros desde as 12:30 da mañá.
1.Serantes, Maianca, Dexo, Lorbé, Dorneda:
Mera (Nai Pai), A Pista, O Cubo, Aba, A Torre, Igrexa Dexo, A Escola, Broño, A Igrexa, O Regacho, Cabreira, Breixo, Arillo
2. Perillo, Montrove:
Centro cultural, Solana, Lucín, Beiramar,Che Guevara /adegas de viño), Parador
3. Oleiros, Iñas, Nós:
As Torres (parada de bus), A Cova, Campamento (parada de bus Betanzos), Arenaza (cruzamento entrada urbanización),O Piñeiro, Os Vilares, Chasqueira, Vilanova, casa do pobo de Nós, O Seixal, Alsina, Mesón da Auga, Cristo Rei, Oleiros (policía municipal)