Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Rede Municipal de Bibliotecas, premiadas co María Moliner

Oleiros, 14 de decembro de 2011-. As bibliotecas municipais de Oleiros resultaron ganadoras do Premio María Moliner 2011, na modalidade de municipio de entre 20.001 a 50.000 habitantes.  Este premio, convocado polo Ministerio de Cultura e a FEMP a nivel de todo o Estado español, é o galardón máis importante que existe na actualidade en España dirixido a bibliotecas e supón un importante recoñecemento e valorización do traballo realizado polas bibliotecas municipais de Oleiros.

Esta convocatoria tiña como obxectivo premiar o mellor proxecto que incluíse as accións de animación á lectura, a eficiencia e o labor bibliotecario, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías, valorando a eficiencia na administración dos recursos da biblioteca e o esforzo realizado en función dos recursos dispoñíbeis, os proxectos de extensión bibliotecaria levados a cabo, a colaboración cos centros educativos e outras entidades e en conclusión aqueles proxectos que fomentasen a convivencia intercultural e o desenvolvemento tecnolóxico. O proxecto presentado polas bibliotecas municipais de Oleiros denominouse Lecturas refrescantes e nel presentáronse as principais actividades de fomento da lectura realizadas durante o primeiro semestre deste ano.

O Concello de Oleiros desexa compartir este premio cos veciños e veciñas de Oleiros e coas persoas, entidades, asociacións e centros educativos que colaboran coa rede de  bibliotecas. Así mesmo, o Goberno local quere amosar o seu agradecemento a todo eles por facer posible que Oleiros sexa un referente a nivel estatal na promoción lectora cun servizo bibliotecario eficiente e de calidade.
 

back link