Oleiros, 31 de xullo de 2020-. Durante os días 3, 4 e 5 de agosto permanecerá cortado o tráfico na rúa Seixo Branco. De 08:00 a 20:00 horas non estará permitido acceder nin saír dos garaxes, nin tampouco estacionar ao longo da rúa.
Este corte débese aos traballos de pavimentación que está a realizar o Concello de Oleiros. O investimento nesta actuación é de 132.686,93 euros.