Oleiros, 23 de decembro de 2019-. O alcalde está a tramitar na Deputación a contratación da obra de construción de beirarrúas na rúa do Souto, desde A Ferrala ata As Torres de Santa Cruz, que pasará de 8 a 16 metros. Esta obra realizarase ao longo do ano 2020 e ten un custo de 770.183 euros.
“Esta obra que vai financiar a Deputación, é posible facela grazas á colaboración dos veciños, que se puxeron de acordo co Concello para ceder gratuitamente o solo necesario. Estamos falando de que se vai dotar de beirarrúas a todo este tramo, desde A Ferrala ata a estrada de Meirás. Unha obra importante máis no centro de Santa Cruz que vai deixar en perfecto estado o casco urbano desta localidade”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.