Hemeroteca

Asset Publisher

Back A rúa da Veiga, en Nós, continúa sen conexión a internet

Máis de 30 vivendas da rúa da Veiga, en Nós, continúan sen servizo de fibra para poder conectarse a internet. Telefónica comprometérase a realizar a instalación no mes de maio, pero pasados xa 3 meses, e cos permisos necesarios para instalar un poste nunha finca privada,  seguen sen colocalo e, por conseguinte, sen ofrecer o servizo.

A única ferramenta da que dispoñen neste momento os veciños e veciñas para poder conectarse é o teléfono móbil, dado que a conexión por radio que teñen funciona de forma tan deficiente que non poden nin enviar un correo electrónico. Así mesmo, teletraballar, facer videoconferencias ou acceder ás plataformas virtuais escolares e universitarias resulta imposible; e as persoas maiores tampouco poden dispoñer dos servizos de teleasistencia que precisan de internet.

Tal e como leva denunciando o Concello en numerosas ocasións, as empresas de telecomunicacións foron subvencionadas polo Estado e a Xunta para a instalación de fibra. Cobraron os fondos públicos pero deixaron algunhas das rúas incluídas sen os servizos, sen que nin Estado nin Xunta tomasen medidas de ningún tipo para que os cidadáns non queden sen servizo.
 

back link