Hemeroteca

Asset Publisher

Back A rúa Concelleiro Alfredo Novoa inagurarase o sábado ás 12:30 horas

Oleiros, 7 de decembro de 2016-. A inauguración oficial da rúa Concelleiro Alfredo Novoa realizarase este vindeiro sábado 10 de decembro ás 12:30 horas. O acto contará coa intervención do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.

A partir do sábado, a rúa que dá acceso ao colexio de Nós e que une a avenida Salvador Allende coa rúa Alexandre Bóveda denominarase rúa Concelleiro Alfredo Novoa. Esta vía pertence á parroquia de Nós, na que precisamente reside este destacado político oleirense.

Alfredo Novoa Gil formou parte do Goberno municipal entre os anos 1987 e 2007 e dedicou unha grande parte da súa vida á xestión e ao desenvolvemento do Concello de Oleiros. Foi unha parte destacada dos distintos gobernos municipais nos que participou. Tamén presidiu o Fondo Galego de Cooperación durante 15 anos e tamén desenvolveu un importante traballo como sindicalista de Comisións Obreiras.
 

back link