Hemeroteca

Asset Publisher

Back A preinscrición para as actividades de verán ábrese o mércores

Oleiros, 21 de abril de 2016-. Como todos os anos, o Concello de Oleiros oferta para os meses de verán diversas actividades dirixidas a nenos, nenas e mocidade. Os modelos de preinscrición así como o folleto con toda a información sobre a programación prevista xa está dispoñible na web municipal. É importante lembrar que para poder participar, todas as persoas interesadas deberán formalizar a súa preinscrición entre o 27 de abril e o 6 de maio.

A programación contempla un amplo abano de posibilidades. Ademais das actividades das que xa gozaron as persoas participantes en anos anteriores, hai varias novidades como o obradoiro de arte e movemento, o obradoiro de inglés a través das artes, o obradoiro de cociña creativa e educativa e o de gravado. Tamén por primeira vez haberá excursións en kaiaks pola costa de Oleiros e polos ríos máis singulares da contorna para persoas maiores de 18 anos.

O 17 de xuño abrirase novamente a matriculación para aquelas actividades nas que queden prazas vacantes.
 

MÁIS INFORMACIÓN

back link