Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Policía Local de Oleiros estrea un novo coche patrulla

Oleiros, 19 de xuño de 2012-. A Policía Local de Oleiros conta desde esta mañá cun novo e sofisticado vehículo que realizará as funcións de coche patrulla. O Concello decidiu adquirir o vehículo todoterreo para mellorar o parque móbil da Policía Local, e substituír a un dos outros dous coches tracción total en uso, posto que un deles contaba con case 16 anos de servizo. O novo coche patrulla é un Hyundai totalmente equipado para o labor policial. O investimento total en coche e o equipamento foi de 25.500 euros.

back link