Hemeroteca

Asset Publisher

Back A piscina municipal de Perillo, homenaxeada pola súa construción sustentable

Oleiros, 23 de setembro de 2013-. O Clúster da Madeira de Galicia (CMA) homenaxeou esta mañá a piscina municipal de Perillo con motivo do Día Mundial da Construción Sustentable. No acto estiveron presentes a primeira tenente alcalde do Concello de Oleiros, María José Varela, o presidente do CMA, Alfredo Rodríguez, un representante do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Jorge Meijide, e o director do CIS Madeira, Fernando Sanz. Segundo sinalou o presidente do clúster madeireiro, Alfredo Rodríguez, escolleron esta obra pola súa integración perfecta co contorno no que se sitúa e pola súa aposta decidida pola madeira. A elección da madeira e o granito é unha homenaxe á situación na que se sitúa, xogando cos contrastes de madeira e zinc para comprobar os cambios de tonalidades co paso do tempo.

 Durante a súa intervención, María José Varela agradeceu a homenaxe recibida e destacou o traballo do Goberno de Alternativa ao longo dos últimos 25 anos á fronte do executivo local, xa que Oleiros pasou de ser un municipio sen equipamentos a ser un lugar cun alto nivel de calidade de vida polos seus servizos públicos e polo seu ordenamento respectuoso co medio ambiente. Así mesmo, Varela recordou que a madeira non só foi empregada na edificación do complexo deportivo de Perillo, senón que está tamén presente noutros edificios públicos e en infraestruturas, como a senda peonil das Galeras ou os paseos marítimos de Santa Cristina e Mera.
 

back link