Oleiros, 24 de outubro de 2018-. O vinderio venres día 26 de outubro, ás 19:30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o concerto da pianista Ana María Brandão. A entrada é gratuíta, ata completar a capacidade da sala.
Brandão presentará en Oleiros un conxunto de obras inéditas de Guillherme Bernstein compostas para piano só. Será unha magnífica oportunidade de escoitar por vez primeira pezas musicais dun recoñecido compositor contemporáneo, a través da interpretación desta pianista brasileira.