Oleiros, 6 de maio de 2021-. A partir das 9:30 horas do próximo mércores 12 de maio o carril lento da N-VI dirección Madrid, desde a ponte da Pasaxe ata Rialeda, permanecerá cortado debido á realización das obras de renovación da rede de abastecemento de auga. O corte durará ata final de mes, cando será preciso continuar a obra pola outra man da estrada, cortando a partir dese momento o carril lento no outro sentido da circulación durante outro par de semanas.