Hemeroteca

Asset Publisher

Back A outra realidade de Fariña, a debate na Fábrica

Oleiros, 27 de abril de 2018-. Esta tarde, ás 19:30 h, o auditorio do Centro cultural A Fábrica acollerá un acto que quere amosar cal foi a realidade social que se viviu en Galicia nos inicios do narcotráfico nos anos 80 e 90. Baixo o título A outra realidade de Fariña preténdese amosar cal foi a repercusión que tivo na mocidade galega a chegada masiva das drogas a Galicia neses anos e poñer en valor o papel que xogaron as mulleres, nais deses mozos e mozas que caían baixo a influencia das drogas, na loita contra o narcotráfico.

Nunha primeira parte proxectarase o documental Ni locas ni terroristas que recolle, con imaxes daquela época, o movemento desas nais a través da Asociación Érguete, nas súas mobilizacións e no seu día a día nesa batalla que iniciaron de forma tan valente contra a mafia do narcotráfico. Posteriormente, dúas das súas protagonistas, Carmen Avendaño e Dora Carrera, presidenta e vicepresidenta da Asociación Érguete, iniciarán un coloquio no que expresarán e comentarán en primeira persoa a realidade do vivido naquela época.
 

back link