Oleiros, 30 de marzo de 2017-. O vindeiro domingo día 2 de abril, ás 12:00 horas, o Auditorio Gabriel García Márquez acollerá un concerto conxunto da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros e do Conservatorio Municipal de Música de Carballo. Este gran espectáculo amosará o gran traballo que están a facer as agrupacións de ambos centros.
O pasado sábado a Escola de Música de Oleiros e o Conservatorio de Carballo participaron nun primeiro concerto conxunto que tivo lugar na capital de Bergantiños. O domingo celébrase a segunda parte do intercambio coa actuación de Mera.