Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Orquestra do Mar chega este sábado ao Auditorio Gabriel García Márquez

Oleiros, 31 de outubro de 2017-. A asociación cultural Manicómicos presenta o sábado ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo A Orquestra do Mar, unha adaptación da obra de Jean Anohuil Orquestra de Señoritas feita por Willy Éter e dirixida por Pablo Sánchez. O elenco de actores e actrices fórmano Willy Éter, Luis Quinteiro, Keke Díez, Juan Carlos Moure, Luis Vivanco, Malala Ricoy, Marina Rivela, Ana Bugueiro, Alba Farto, Pablo Veciño e Mónica Roja.

Esta traxicomedia musical está ambientada no ano 1958. O transatlántico Atlantis percorre a ruta Coruña-Nova York trasladando a 200 pasaxeiros en camarotes de luxo e a 800 emigrantes nas adegas do barco. Nunha tormentosa noite, a imprevisible "Orquestra do Mar", na que tocan distinguidas señoritas, ameniza a velada aos pasaxeiros de primeira, para que poidan vomitar cun fermoso fondo sonoro.

As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2,50 euros a partir das 19:30 horas. Este espectáculo está recomendado para maiores de 12 anos.
 

back link