Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Orquestra de Cámara Galega ofrece un concerto o sábado no Auditorio Gabriel García Márquez

Oleiros, 26 de setembro de 2018-. O sábado, ás 20:30 horas, o Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle un concerto da Orquestra de Cámara Galega. Será a presentación en Oleiros do espectáculo Suite das oito.

Fundada en 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero, director-concertino, a Orquestra de Cámara Galega está integrada por músicos formados en diversos conservatorios europeos. Suite das oito está formada por oito composicións orixinais nas que priman o carácter narrativo e o sentimento. Son pequenas historias para escoitar ás oito da tarde, cando necesitamos deixar atrás as reviravoltas da nosa rutina, ou ben ás oito da mañá, para afrontar o día cunha nova perspectiva. Nelas réndese homenaxe a lugares e persoas especiais, aos paxaros, aos valses, ao océano cambiante, á poesía.

A entrada é libre, ata completar a capacidade da sala.

back link