Hemeroteca

Asset Publisher

Back A obra Resaca represéntase o sábado no auditorio de Mera

Oleiros, 07 de marzo de 2017-. A compañía Ilmaquinario Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Resaca, escrito por Ana Carreira e dirixido por Tito Asorey. Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez e Vadim Yukhnevich forman o elenco desta obra de teatro contemporáneo.

A obra está ambientada no verán de 2016. Cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex. Un espectáculo sobre a resaca da existencia. Unha celebración da vida e da amizade.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala, a un prezo de 3,50 euros. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.
 

back link