Hemeroteca

Asset Publisher

Back A obra Get Back represéntase o sábado no auditorio de Mera

Oleiros, 15 de novembro de 2016-. Este vindeiro sábado, ás 20:30 horas, a compañía Eme2 Producións presenta en Mera o seu espectáculo Get Back. O auditorio Gabriel García Márquez acollerá a representación da comedia escrita por Diego Ameixeiras e dirixida por Jorge Coira.

A historia xira sobre cinco persoas que van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. Se son normais e están en Londres é que probablemente sexan emigrantes. Están no metro e como non poden mirar para as paredes, miran para o móbil que vai cuspindo algunhas novidades do lugar do que proceden. Pero o metro detense. Para en ningures porque queda atascado no medio do túnel e pode ser unha avaría, un atentado, unha folga ou todas as cousas á vez. O metro para e comezan os problemas. Porque son cinco, porque teñen moitas cousas en común pero non o saben, porque están lonxe de onde son e porque cada un deles ten urxencias particulares.

Os actores que participan nesta obra son Afonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade do auditorio.

back link