Hemeroteca

Asset Publisher

Back A obra de teatro O rueiro das liortas, o domingo na Fábrica

 Oleiros, 19 de novembro de 2019-. O vindeiro domingo 24 de novembro, ás 19:30 horas no auditorio do centro cultural A Fábrica, representarase a obra O rueiro das liortas. O espectáculo baséase na comedia da arte italiana e no teatro popular para promover, desde a óptica escénica, a reflexión sobre a situación desigual da muller na sociedade, ao tempo que se afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. 

 
A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio da representación. A obra está recomendada para maiores de 8 anos.
 
Esta é unha actividade que organiza Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, para achegar ao teatro en lingua galega e sensibilizar en contra da violencia de xénero, os micromachismos ou os comportamentos sexistas.
back link