Oleiros, 14 de marzo de 2018-. A compañía A Panadaría presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Elisa e Marcela, escrito por Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman, Esther F. Carrodeguas, Gena Baamonde e dirixido por Gena Baamonde. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman forman o elenco desta obra de teatro.
Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo. A Panadaría presenta unha reconstrución irreverente dun suceso real. No ano 1901 dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo da Coruña, unha delas vestida de home. Persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e información manipuladas forman a trama desta obra.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.