Hemeroteca

Asset Publisher

Back A obra de teatro Dúas donas que bailan represéntase o sábado no auditorio de Mera

Oleiros, 21 de marzo de 2019-. A compañía Teatro do Atlántico presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Dúas donas que bailan, escrito por Josep M. Benet i Jornet e dirixido por Xulio Lago. María Barcala e María Angeles Iglesias protagonizan esta traxicomedia.

Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos e tamén da axencia propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario é parello ao da vella, outrora unha muller rebelde e activista.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos. 

back link