Hemeroteca

Asset Publisher

Back A obra de soterramento de contedores na avenida de Santa Cristina comezará de forma inminente

Oleiros, 20 de setembro de 2011-. O Concello de Oleiros informa de que a obra de soterramento de contedores de lixo na avenida Santa Cristina comezará nos próximos días. Estes traballos, cuxa duración será próxima ás 8 semanas, permitirá mellorar as condicións de recollida e almacenamento temporal de refugallos á vez que mellorará esteticamente este turístico punto do municipio. O investimento total será de 139.820 euros.

Os traballos consistirán fundamentalmente na instalación de catro puntos de contedores subterráneos distribuídos ao longo de toda a avenida. Deste modo instalaranse un punto con dous contedores subterráneos na confluencia da avenida coa rúa Peixe, outro punto de catro contedores na confluencia coa rúa Rafael Alberti, outros catro á altura  da rúa Xuncal e dous máis xunto á rúa Humboldt.

Deste modo, absolutamente todos os contedores da avenida permanecerán ocultos baixo terra e na parte superior só se poderá apreciar unha plataforma rectangular onde se sitúa a caixa de entrada de residuos. Do mesmo modo que no centro da localidade de Santa Cruz, onde se levou a cabo esta obra hai uns meses.

back link