Oleiros, 30 de xuño de 2016-. A exposición fotográfica “Refuxiados sen camiño” do fotoxornalista Gabriel Tizón permanecerá no Parque José Martí de Perillo durante todo o mes de xullo. Trátase dunha serie de imaxes tomadas durante cinco viaxes nos que o autor amosa as penurias ás que se teñen que enfrontar os milleiros de persoas que se ven obrigadas a escapar dos seus países polas guerras creadas polo gobernos terroristas de occidente.
A mostra está formada por un total de 24 paneis. Gabriel Tizón explicou que con esta mostra pretende “darlle voz aos protagonistas desta traxedia, porque nun mundo como o actual os protagonistas para os medios sempre son outros, aqueles que manexan os medios, as empresas e os negocios da miseria e da fame”.
Con esta iniciativa o Goberno municipal continúa coas reivindicacións dunha situación que persiste, a pesar do silenzo mediático. “Eu digo para min, coidado cos simbolismos. Seguen falecendo centos de nenos no mar que non teñen foto e continúa habendo centos de pais e nais que seguen a recibindo patadas e non teñen vido”, dixo o autor da exposición.