Hemeroteca

Asset Publisher

Back A música cubana do Quinteto Cimarrón chegará o sábado á Fábrica

Oleiros, 8 de outubro de 2015-. O Quinteto Cimarrón presentará o seu traballo Aires Tropicales o sábado 10 de outubro ás 20.30 horas no auditorio do centro cultural A Fábrica. Trátase dun espectáculo que combina música clásica, popular, moderna e cubana con tintes de jazz.

O Quinteto Cimarrón oferta unha completa proposta na súa xira 2015. O grupo realizará un percorrido polos xéneros máis importantes da música cubana: como son a contradanza, o danzón, o son e a guajira. As obras escollidas mesturan maxistralmente tradición e modernidade. Tocaranse temas do disco Aires Tropicales, grabado coa colaboración de Paquito D`Rivera.
 

back link