Hemeroteca

Asset Publisher

Back A lista de espera nas escolas infantís só afecta ao nivel de nenos de 1 a 2 anos

Oleiros, 7 de xuño de 2016-. Toda a lista de espera existente no Concello de Oleiros para as escolas infantís concéntrase exclusivamente no segundo nivel de idade, nos nenos e nenas de entre 1 e 2 anos. Tanto no nivel de 0 a 1 anos, no que a demanda é menor, como nos de dous ou máis anos, nos que o ratio de alumnos por aula é case do dobre, existen prazas vacantes polo que a construción dunha nova escola infantil non supón unha necesidade a día de hoxe.

A lista de espera nese nivel de 1 a 2 anos no Concello de Oleiros para o vindeiro curso 2016/2017 é de 72 nenos, e non 136 como publican hoxe algúns medios de comunicación. Son varios os nenos que aparecen por duplicado nesas listaxes ao formalizar a súa matrícula en varias das escolas pero que non se poden contabilizar por duplicado nin por triplicado.

“Algúns destes nenos e nenas que se atopan en lista de espera poderán entrar. E a partir desa franxa de idade quedan prazas vacantes”, comentou o alcalde Ángel García Seoane. O rexedor tamén explicou que Oleiros non precisa dunha nova escola infantil. “Se algo nos preocupou sempre foi o tema educativo, pero neste momento non é necesario. De todos os concellos de Galicia cun número de habitantes similar, somos o que temos máis centros de ensino público”, dixo García Seoane.
 

back link