Oleiros, 21 de xaneiro de 2016-. A Liga Escolar de Judo Concello de Oleiros comeza este sábado coa disputa da primeira das catro xornadas previstas. A competición contará coa participación de 183 deportistas das categorías infantil e cadete.
A Liga, que continuará nas próximas semanas, conta coa participación de judokas procedentes das escolas e clubs das provincias da Coruña, Lugo e Asturias, entre os que por suposto se atopan os e as deportistas do Judo Club Oleiros. A xornada do sábado arrancará ás 10:30 e terá lugar no pavillón José Antonio García Nieto de Canide. A entrega de medallas a cargo das autoridades municipais está prevista para as 13:00 horas.