Hemeroteca

Asset Publisher

Back A leña para as fogueiras de San Xoán comezará a repartirse a partir das 20:00 h

Oleiros, 22 de xuño de 2016-.  Os 50 metros cúbicos de leña que mercou o Concello de Oleiros para repartir entre os veciños na noite de San Xoán nas praias de Bastiagueiro, Santa Cristina e Mera comezará a repartirse ás 20:00 h. Antes desa hora non estará permitido introducir madeira na praia, para non molestar as persoas que se atopen gozando dos areais.

Ademais deses 50 metros cúbicos de madeira, o Concello tamén porá a disposición dos veciños e veciñas os restos das últimas podas realizadas no municipio. A maioría da leña irá destinada á praia de Bastiagueiro. Os puntos de entrega estarán situados na entrada principal da praia e no acceso que se atopa xunto á casa municipal da Silva. En Mera poderá recollerse na zona do porto e en Santa Cristina no aparcardoiro da Fábrica, xunto ao parque José Martí.

O Goberno municipal adoptou esta medida para evitar a contaminación da area con puntas, resortes e outros obxectos que poden ocasionar tanto contaminación medioambiental como danos físicos ás persoas usuarias dos areais. A Policía Local e Protección Civil realizarán un importante despregamento nas entradas das praias para persuadir a aquelas persoas que teñan intención de queimar ese tipo de elementos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.

 

back link