Desde outubro ata decembro, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 41 sesións de diferentes actividades infantís como contacontos, concertos, sesións de maxia, obradoiros de papiroflexia, ciencia, arte, etc para fomentar á lectura e animar a que os nenos e nenas visiten as bibliotecas no seu tempo libre.
Estas actividades realizaranse a través de narración ou dramatización dunha ou varias historias, pero tamén haberá música, maxia e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía.
O aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde 10 días antes da data de realización.
Consulta toda a programación no documento adxunto ou nas bibliotecas municipais.