Hemeroteca

Asset Publisher

Back A grada do campo de fútbol municipal dos Regos contará cunha cuberta

Oleiros, 30 de xaneiro de 2018-. O Concello de Oleiros incluíu no plan único da Deputación da Coruña as obras de construción dunha cuberta nas gradas do campo de fútbol Leonardo Maceira, nos Regos. A actuación ten un custo de 140.000 euros e sairá a licitación proximamente.

O recinto deportivo, que utilizan principalmente os equipos do Santa Cruz e do Cristo Rey, foi remodelado recentemente polo Concello de Oleiros, que investiu 300.000 euros. Entre outras melloras, o terreo de xogo foi dotado de céspede artificial e a iluminación foi renovada.
 

back link