Oleiros, 21 de febreiro de 2014-. O Concello de Oleiros organiza para o próximo venres 7 de marzo a tradicional festa do Entroido dos maiores, que esta ano celebra a súa trixésima edición. Esta festa, aberta ao todo mundo, ten un trato moi especial coas persoas maiores, e en gran medida está orientada para o seu gozo, xa que orixinariamente creouse con este fin. A cita será a partir das 19.00 horas, na polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz.
O programa desta edición conmemorativa inclúe a actuación da orquestra Os Satélites, o concurso de disfraces con más de 2.700 euros en distintos premios, chocolatada popular e a tradicional actuación sorpresa na que participan membros do Goberno local. As bases completas do concurso están colgadas no portal web municipal www.oleiros.org, no apartado de avisos e no espazo da Concellería de Servizos Sociais.
Ademais, o Concello porá a disposición dos veciños e veciñas un servizo de autobuses gratuíto que percorrerá o municipio e que empezará o seu percorrido ás 18:45 horas. Como outros anos o acceso á polideportiva de Santa Cruz vai estar pechado aos coches, polo que o acceso será a pé, ben pola entrada principal do colexio Parga Pondal ben pola avenida Pardo Bazán.
Apoio as celebracións locais
De forma paralela a este evento, o Concello axudará a dinamizar as festas de entroido que se levarán a cabo nas distintas casas do pobo e centros cívicos e que organizan as entidades socioculturais de cada parroquia. Esta é tamén unha maneira de fortalecer a súa identidade colectiva. Diferentes grupos de animación encargaranse de amenizar as festas realizando xogos, desfiles, bailes e karaokes, tanto para os máis pequenos como para os maiores intentando crear un ambiente lúdico e festivo.