Hemeroteca

Asset Publisher

Back A festa do barro volve a Santa Cruz coa XXXII edición de Alfaroleiros

Do 5 ao 9 de agosto, o Parque Luís Seoane acolle a XXXII edición de Alfaroleiros, unha cita consolidada como un dos grandes referentes da olería tradicional da Península e unha das propostas culturais máis emblemáticas do verán en Oleiros.

Hai tradicións que medran co paso do tempo, e Alfaroleiros é unha delas. Trinta e dúas edicións despois, a feira continúa reunindo en Santa Cruz xeración tras xeración de mestres artesáns, veciñanza e visitantes arredor dun oficio que conserva intacta a súa esencia e segue máis vivo ca nunca.

Ao longo da próxima semana, 23 oleiros e oleiras procedentes de distintos puntos de España e Portugal encherán o Parque Luís Seoane de pezas únicas, elaboradas artesanalmente e representativas das distintas tradicións oleiras da Península. Cinco días nos que descubrir este traballo artesanal de primeira man, coñecer as súas técnicas e propostas e levar para casa un pequeno recordo deste encontro.

Ademais dos postos da feira, haberá concertos, demostracións de olería, obradoiros, espectáculos e actividades para todas as idades, que completarán a programación deste ano para facer desta experiencia un recordo único do verán. Goza da tradición, cultura e bo ambiente durante toda a vindeira semana!

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

Mércores 5 de agosto
12:30 h – Inauguración da feira
17:00-21:00 h- Obradoiro de Rakú. Parque Luis Seoane.
21:00 h – Concerto de Abril. Parque Luis Seoane.

Xoves 6 de agosto
13:00-14:00h- Demostracións de olería. Parque Luis Seoane
18:30-20:00 h – Bautismo de torno. Parque Luis Seoane.
20:00 h- Espectáculo de circo e malabares de Pistacatro: “Sen patrón”.
Parque Luis Seoane.
21:00 h- Concerto de MJ Pérez. Parque Luis Seoane.

Venres 7 de agosto
13:00-14:00h- Demostracións de olería. Parque Luis Seoane
18:00-20:00 h- Olimpíada oleira. Parque Luis Seoane.
20:00 h – Espectáculo de maxia do Mago Teto, O camiño do afiador. Parque do
Emigrante.
22:00 h – Concerto de Camellos. Praza Esther Pita.


Sábado 8 de agosto
13:00-14:00h- Demostracións de olería. Parque Luis Seoane
18:30-20:00 h - Obradoiro “A olería nas túas mans”. Parque Luis Seoane.
22:00 h – Concerto de Colectivo Panamera. Praza Esther Pita.

Domingo 10 de agosto
13:00-14:00 h – Concerto Do Rivés. Parque Luis Seoane.
18:00-20:30 – Xogos Populares. Parque Luis Seoane.
19:30-21:00 h – Pasarrúas co Grupo de gaitas Santaia. Parque Luis Seoane.

back link