Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Fábrica ofrece dúas funcións de monicreques o domingo 23 de outubro

Oleiros, 20 de outubro de 2016-. A compañía Títeres Alakrán abrirá o XII Festival Internacional Consorcio As Mariñas-Galicreques 2016 coa representación de Os Soños na Gaiola. A obra comezará ás 12:00 horas no auditorio do centro cultural A Fábrica. O titiriteiro estará “acompañado” por Manuel María e Alicia, a nena protagonista desta historia que vivirá unha serie de fantásticas aventuras na súa viaxe por un mundo que lle resulta exótico, estraño, e mesmo incomprensible.

Pola tarde, ás 18:30 horas, poderá presenciarse El niño que soñaba, de La Mar de Marionetas. Este espectáculo achegará ao público á historia de Moni, un neno cun talento especial para a música, que vive en Guinea Bissau. A obra reflicte a vida cotiá dun “neno que soña”, cantiga a cantiga, ritmo a ritmo e conto a conto. 
 

back link